Naraío Nazóm

O blog da xente de Naraío, estea onde estea...

26.10.05

Boicó ás jasolineras


Vou romper un pouco a dinámica dos últimos posts para referirvos o ecolóxicos e o listos que somos en Naraío. O outro día parei botar jasoi e vin que o litro estaba a case un euro e sen trazas de baixar nun futuro a curto, medio ou longo prazo.

Marchei para a casa dándolle á cabeza e con 20 euros menos no peto que, aínda por riba, sei que non me van callar a nada. Unha viaxe de ida e volta a Santiago e ala, volver repostar. Pero iso acabouse, xa dei coa solución para liberarme da escravitude das jasolineiras: o aceite de xirasol.

Díxome o químico da fábrica de jaseosas da Mourela que esta substancia oleaxinosa é un combustible alternativo cojonudo cando as cousas se poñen feas para o peto. Non o crín, e por iso fixen a proba botándolle dez litros de aceite de xirasol a unha sejadora Lombardini. Déille a encender...e, oes, arrancou sen problema. Como proba de viabilidade combustiva a cousa estivo ben, pero se pensamos en termos puramente económicos o cambio de carburante non compensa no caso de vehículos agrícolas xa que o jasoi roxo está subvencionado e é máis barato que o aceite.

Onde si compensa empregar o xirasol como substitutivo do diésel é cando falamos do combustible para automoción. Logo de ver que tecnicamente era posible facer traballar un apeiro mecánico co froito da destilación vexetal dei o grande paso: encher o depósito do coche. E, oes, tamén encendeu á primeira.

Desde aquela obvio parar nas estacións de servizo. No canto diso vou Ócampo ou a Freuz e merco jarrafós de aceite por menos de 70 céntimos o litro.

Estaría contentismo co meu descubrimento se non fose porque o fume do coche cheira a fritanja e cando chejo á casa parece que veña directamente do bar de Anamaría. Pero bueno, é o prezo que hai que pajar polo projreso e por matar de fame ao ministerio de Industria.

O sejinte paso será probar a ver se obteño o mesmo resultado con unto derretido. Alomenos Naraío terá un cheiro a roxós perenne e gorentoso.