Naraío Nazóm

O blog da xente de Naraío, estea onde estea...

16.9.05

O vrau toca á súa fin...Chejou o Biscordel

As diferentes correntes historiográficas non se dán posto dacordo sobre se Biscordel é con B ou con V. Nos preferimos apuntarnos á primeira opción xa que podemos atopar unha certa raíz etimolóxica en Bis (dous) e cordel (cordel), ou sexa, dous cordeis...anque non sabemos que significado pode ter este nome composto. Quizáis que a Virxe non era tal virxe e que incluso facía alarde da súa vida resoluta. Dín os máis vellos que para evitar que se despelotase diante do Santiajo Matamouros que ten ao seu carón, os fregueses debían amarrarlle a falsilla por partida dobre... e de aí o dos dous cordeir. Non sabemos se é verdade ou non.

O certo é que esta fin de semana hai festa en Igrexafeita. A grande festa do vrau...a omega das festas, posto que con ela dámoslle paso ao outono e ao letargo cultural, social e mesmo vital que asolaga as nosas terras ata que chega maio e a festa da Virxe da O (a alfa, vaia).

Non se esperan jrandes orquestras, pero iso é o de menos. Un equipo de xornalistas especializados en retratar eventos deste tipo e en degustar espiritosos servidos de balde, seguirá de preto as evolucións da festa. O luns, a máis tardar, teredes un cumprido resume.