Naraío Nazóm

O blog da xente de Naraío, estea onde estea...

16.9.05

O vrau toca á súa fin...Chejou o Biscordel

As diferentes correntes historiográficas non se dán posto dacordo sobre se Biscordel é con B ou con V. Nos preferimos apuntarnos á primeira opción xa que podemos atopar unha certa raíz etimolóxica en Bis (dous) e cordel (cordel), ou sexa, dous cordeis...anque non sabemos que significado pode ter este nome composto. Quizáis que a Virxe non era tal virxe e que incluso facía alarde da súa vida resoluta. Dín os máis vellos que para evitar que se despelotase diante do Santiajo Matamouros que ten ao seu carón, os fregueses debían amarrarlle a falsilla por partida dobre... e de aí o dos dous cordeir. Non sabemos se é verdade ou non.

O certo é que esta fin de semana hai festa en Igrexafeita. A grande festa do vrau...a omega das festas, posto que con ela dámoslle paso ao outono e ao letargo cultural, social e mesmo vital que asolaga as nosas terras ata que chega maio e a festa da Virxe da O (a alfa, vaia).

Non se esperan jrandes orquestras, pero iso é o de menos. Un equipo de xornalistas especializados en retratar eventos deste tipo e en degustar espiritosos servidos de balde, seguirá de preto as evolucións da festa. O luns, a máis tardar, teredes un cumprido resume.

15.9.05

Norman Foster tamén estivo aquí



Como dí o título, o grande arquitecto Norman Foster tamén estivo en Naraío...ou iso é o que cremos. Senón non hai explicación posible ao portento construtivo que podedes ver no afoto. Non sabemos se é un edificio adicado a albergar bichos ou persoas...pero estamos convencidos de que quen o construiu ten máis de bicho que doutra cousa.

Obsérvese a pureza curvilínea das súas aristas...a colocación a contrapelo das uralitas...a disposición dos ladrillos seguindo as curvas de nivel do terreo...a carencia de fiestras...o xeito maxistral de parchear buratos...a acometida de auga corrente estratéxica e funcionalmente ubicada no medio e medio da parede...

Durante tempo pensamos que se trataba de ladrillos amoreados destinados ao seu uso como posterior materia prima de construción. Pero non, esta obra é unha construción en si mesma. Quede aí esta imaxe para estudo das xeracións vindeiras de arquitectos, para rubor do concello que permite tal escándalo urbanístico e para constancia de que en naraío non debemos ser ben acabados.

P.D.: en Naraío a esta cabana chamámoslle o Gúguenjeim.

Queda inaujurado este blog


Como máximo representante blogueiro de Narahío, compláceme inaugurar esta nova fiestra ao ciberespacio...coma quen inaugura unha silveira, os cornos dunha vaca ou os baches que hai en Pirulelle. A partir de agora poderemos deixar constancia do noso devir neste burato.

Hoxe é día de festa nestas terras sucadas polo río Castro e por iso o celebramos con foguetes, pasando polo forro a lei que prohibe os espectáculos pirotécnicos en zonas non urbanas. Manda carallo, na Veiga non se poden botar fuejos porque non é "zona urbana" malia non haber perigo de lume. En cambio, no Eirexado, que si é zona urbana, podes tumbar o que queiras aínda que as varillas incandescentes dos foguetes vaian caer ao monte do Jandarón.

Os da Xunta non se enteran de nada... A ver se agora que se colocou nela un fillo do Carrizo cambian aljo as cousas.

Por certo, o da foto é Antonio de Casal botando un fuejo do Millarenjo no Chao o día de Santa Mariña. Estes datos dounos por se o Consello da Cultura Galega quere incorporar a imaxe ao seu arquivo antes de trasladalo á Cidade da Cultura.