Naraío Nazóm

O blog da xente de Naraío, estea onde estea...

26.10.05

Boicó ás jasolineras


Vou romper un pouco a dinámica dos últimos posts para referirvos o ecolóxicos e o listos que somos en Naraío. O outro día parei botar jasoi e vin que o litro estaba a case un euro e sen trazas de baixar nun futuro a curto, medio ou longo prazo.

Marchei para a casa dándolle á cabeza e con 20 euros menos no peto que, aínda por riba, sei que non me van callar a nada. Unha viaxe de ida e volta a Santiago e ala, volver repostar. Pero iso acabouse, xa dei coa solución para liberarme da escravitude das jasolineiras: o aceite de xirasol.

Díxome o químico da fábrica de jaseosas da Mourela que esta substancia oleaxinosa é un combustible alternativo cojonudo cando as cousas se poñen feas para o peto. Non o crín, e por iso fixen a proba botándolle dez litros de aceite de xirasol a unha sejadora Lombardini. Déille a encender...e, oes, arrancou sen problema. Como proba de viabilidade combustiva a cousa estivo ben, pero se pensamos en termos puramente económicos o cambio de carburante non compensa no caso de vehículos agrícolas xa que o jasoi roxo está subvencionado e é máis barato que o aceite.

Onde si compensa empregar o xirasol como substitutivo do diésel é cando falamos do combustible para automoción. Logo de ver que tecnicamente era posible facer traballar un apeiro mecánico co froito da destilación vexetal dei o grande paso: encher o depósito do coche. E, oes, tamén encendeu á primeira.

Desde aquela obvio parar nas estacións de servizo. No canto diso vou Ócampo ou a Freuz e merco jarrafós de aceite por menos de 70 céntimos o litro.

Estaría contentismo co meu descubrimento se non fose porque o fume do coche cheira a fritanja e cando chejo á casa parece que veña directamente do bar de Anamaría. Pero bueno, é o prezo que hai que pajar polo projreso e por matar de fame ao ministerio de Industria.

O sejinte paso será probar a ver se obteño o mesmo resultado con unto derretido. Alomenos Naraío terá un cheiro a roxós perenne e gorentoso.

11 Comentarios:

At 4:22 p. m., Blogger correlo said...

O post o lein na compaña dun amigo italiano e comentoume que en italia nunha época se utilizou o aceite de colza nos coches. A disminución de ingresos nas arcas públicas, debido a que este aceite non tiña impostos tan gravosos coma os carburantes, levou ao goberno a prohibir a sua venta.
Naraio: outra filosofía de vida.
Vemonos na feira das setas en "Las Puentes de García Rodriguez".

 
At 8:19 p. m., Blogger hojasdehierba said...

Boísimo!!!! Ainda non sei se eres un megafriki ou un segundo Alvaro Cunqueiro, pero quedas instantáneamente apuntado nos meus contactos mentais :D
Digo eu... ¿e funcionará co aceite que sobra de fritir o peixe? Se total cheira a fritanga, que sexa por algho :-P
Unha aperta.

 
At 11:32 a. m., Anonymous Anónimo said...

Estás de coña? Pareces do equipo de 6-pack de Cuatro (que proban cousas dese tipo, como "que pasa se metes un calzón mollado no microondas, ou un spray... podíaslle mandar o do aceite para que o probasen. Hancho agradecer. Que bo. Lástima que non estea moi barato o aceite de xirasol tampouco (aínda que se vale o do lidl...)

 
At 3:29 p. m., Anonymous Anónimo said...

Encanta-me este blog. As experiências contadas fan-se-me muito familiares... excepto o de botar azeite ao carro. Isso furrula em verdade?

Seguide adiante.

 
At 7:25 p. m., Anonymous Anónimo said...

Nice site!
[url=http://pjnxarfw.com/uffz/ehlw.html]My homepage[/url] | [url=http://gwsemqgq.com/jhnx/pccn.html]Cool site[/url]

 
At 7:25 p. m., Anonymous Anónimo said...

Nice site!
My homepage | Please visit

 
At 7:25 p. m., Anonymous Anónimo said...

Thank you!
http://pjnxarfw.com/uffz/ehlw.html | http://ntnziawd.com/kbaj/lnnx.html

 
At 11:55 a. m., Anonymous Anónimo said...

Preguntalle máis o mecánico, oh! Sobre todo polos residuos que quedan no motor, e que o poden escarllar se sigues usando aceite. Para empregar aceite como combustible cómpre adaptalos motores. Cos motores actuais, só se pode usar unha mezcla de diesel e aceite. A mezcla, 18% de aceites, contamina menos pero é igual de cara. En Galicia só se vende nunha gasoliñeira do polígono do Tambre.

 
At 5:08 a. m., Anonymous Anónimo said...

Enjoyed a lot! Sofa slip covers hawaiian Ruched tops blouses t shirts Buy phentermine now abuse phentaramine

 
At 9:13 p. m., Anonymous Anónimo said...

This is very interesting site... video editing schools

 
At 3:34 a. m., Anonymous Anónimo said...

Excellent, love it! Diet pills hyd incorporating a business in utah wedding invitations fantasy football las vegas nevada tooth whitening bleaching Blonde in white pantyhose interior design school in illinois prostrate cancer auto insurance http://www.propecia-order.info Disadvantages of topamax

 

Publicar un comentario

<< Home