Naraío Nazóm

O blog da xente de Naraío, estea onde estea...

26.12.05

O REJALO PERFECTO PARA ESTE NADAL


A nova Carruxo T10 é a introducción perfecta á fotografía dixital SLR, grazas á sua ampla gama de prestacións automáticas que permiten facer afotos excelentes con facilidade. Sexa cal sexa a situación que afotes, disporás dun projrama Dixital Vari que configura a cámara para obter unha exposición óptima. So hai que seleccionar o modo e a Carruxo T10 encargarase do resto. Pequena e lixeira, colle perfectamente na palma da man e fai unhas afotos claras e nítidas que che permitirán explorar novas posibilidades creativas.

Conta cun obxectivo panorámico ED Zoom-Nikkor de 4x con 28-116 mm (equivalente a formato [135] de 35 mm.) cun deseño que lembra ao pistolo en situación de repouso.

16.12.05

DARLLE Á CACHA




No afoto superior mostramos a maneira de prejuntarlle en Naraio aos máis novos e, sen usar a fala, se xa iniciaron a práctica de “darlle á cacha”.

Eiquí comeza a andaina sexual do inocente pícaro. Se a resposta á prejunta ¿mollaches oh?, é negativa, a obriga é levar ao pequeno ao clube e deste xeito facelo un home. Perto de Naraio temos un que, tempo atrás se chamou Hong Kong - máis coñecido en Naraio por “Fincón”- e no que máis de un se iniciou niso de trasferir a sua herdanza xenética. Dende eiquí fajo unha chamada a expertos lingüistas para que lle dean un fundamento científico á declinación que sufriu en Naraio o nome deste establecemento de pracer e luxuria.

Penso que seria de bastante utilidade a incorporación desta imaxe ao diccionario de signos para xordos.

6.12.05

A SICOIMAXE


Antes de comezar o noso relato de hoxe -verídico como tódolos outros- temos que comunicarvos o que anda dicindo a xente. Desde hai uns días rumórase por aí que este bló non se actualizara nada no último mes por causa de que os seus autores 'andábanche na droja'. E dicimos 'andábanche', así, en pasado, porque os que tal cousa dicían incluso chegaron a suxerir que eramos naraío e máis eu os probiños que aparceron mortos nun muíño de Cambados. Pois iso, sabede todos que estamos vivos aínda, que non estamos metidos na droja -alomenos con intencións lucrativas- e que non hai que crer todo o que a xente lareta por aí... E máis nada, continúa a projramación.

Asinado.
Os autores: Correlo e Naraío.

Un deses días que non lojraba durmir nin pa Dios, sintonicei no dial o projrama que presenta Miguel Angel Blanco - xornalista especializado en fenómenos paranormais- e a temática facía alusión á captura de sicoimaxes. Entón lembrei que eu máis o meu amijismo Naraio, este vrau e, por casualidade, lojramos capturar unha desas imaxes das que se falaba no projrama.

Cunha velocidade superior á dun John Deere con cisterna Carruxo chea e baixando polo Furado, encendín o meu Ibook para ver se o afoto que tiña jardada no HD respondía ás características e, ¡xusto!, aí estaba, tal e como as describían no projrama, pero…

A nosa era unha imaxe das entremedias, coma se fose un afoto tomado entre dous lindeiros. Explicome. Nela vese a Mediometro camiñando ao longo dese “túnel” do que falan os que estiveron aljunha vez a punto de morrer.

No fondo pódese ver a “luz” esa de bondade e paz infinda que tanto ben disque fai (a min, mellor me fai un calibre de juisqui acompañado dun electrodo, pero boeno). É importante clarificar que Mediometro aínda seje entre nós, non sei se jracias aos Rosarios e misas pajadas polas “Hermanas García Anca”, benditas onde as haija, ou pola excesiva inclinación do suelo desta taberna, que desviou a sua traxectoria hacia detrás da barra e alí o ajuantou. Para quen coñeza esta taberna dicir que o atoparon con desorientación temporo-espacial, máis ou menos, no lugar onde Juan ten a sua escupidera.

Eiquí a deixamos, coljada no ciberespacio para que vos choqueen os collós e se vos pejen ao cú coma un león cada vez que entredes nesta páxina e a vexades. Tamén para que pensedes e reflexionedes que “non somos nada”, “estamosche de paso”, “os novos veñen puxando”…. e demais frases recurrintes que se poden escoitar nos mortuorios e “cabosdano”.

"Solo cuando el tunel está en la más absoluta oscuridad puede volver la luz"

A imáxe foi capturada na taberna de Juan de Sofia o día 16 de ajosto deste mesmo ano, ás 17 horas 25 minutos.