Naraío Nazóm

O blog da xente de Naraío, estea onde estea...

6.12.05

A SICOIMAXE


Antes de comezar o noso relato de hoxe -verídico como tódolos outros- temos que comunicarvos o que anda dicindo a xente. Desde hai uns días rumórase por aí que este bló non se actualizara nada no último mes por causa de que os seus autores 'andábanche na droja'. E dicimos 'andábanche', así, en pasado, porque os que tal cousa dicían incluso chegaron a suxerir que eramos naraío e máis eu os probiños que aparceron mortos nun muíño de Cambados. Pois iso, sabede todos que estamos vivos aínda, que non estamos metidos na droja -alomenos con intencións lucrativas- e que non hai que crer todo o que a xente lareta por aí... E máis nada, continúa a projramación.

Asinado.
Os autores: Correlo e Naraío.

Un deses días que non lojraba durmir nin pa Dios, sintonicei no dial o projrama que presenta Miguel Angel Blanco - xornalista especializado en fenómenos paranormais- e a temática facía alusión á captura de sicoimaxes. Entón lembrei que eu máis o meu amijismo Naraio, este vrau e, por casualidade, lojramos capturar unha desas imaxes das que se falaba no projrama.

Cunha velocidade superior á dun John Deere con cisterna Carruxo chea e baixando polo Furado, encendín o meu Ibook para ver se o afoto que tiña jardada no HD respondía ás características e, ¡xusto!, aí estaba, tal e como as describían no projrama, pero…

A nosa era unha imaxe das entremedias, coma se fose un afoto tomado entre dous lindeiros. Explicome. Nela vese a Mediometro camiñando ao longo dese “túnel” do que falan os que estiveron aljunha vez a punto de morrer.

No fondo pódese ver a “luz” esa de bondade e paz infinda que tanto ben disque fai (a min, mellor me fai un calibre de juisqui acompañado dun electrodo, pero boeno). É importante clarificar que Mediometro aínda seje entre nós, non sei se jracias aos Rosarios e misas pajadas polas “Hermanas García Anca”, benditas onde as haija, ou pola excesiva inclinación do suelo desta taberna, que desviou a sua traxectoria hacia detrás da barra e alí o ajuantou. Para quen coñeza esta taberna dicir que o atoparon con desorientación temporo-espacial, máis ou menos, no lugar onde Juan ten a sua escupidera.

Eiquí a deixamos, coljada no ciberespacio para que vos choqueen os collós e se vos pejen ao cú coma un león cada vez que entredes nesta páxina e a vexades. Tamén para que pensedes e reflexionedes que “non somos nada”, “estamosche de paso”, “os novos veñen puxando”…. e demais frases recurrintes que se poden escoitar nos mortuorios e “cabosdano”.

"Solo cuando el tunel está en la más absoluta oscuridad puede volver la luz"

A imáxe foi capturada na taberna de Juan de Sofia o día 16 de ajosto deste mesmo ano, ás 17 horas 25 minutos.

5 Comentarios:

At 2:12 p. m., Anonymous Anónimo said...

Ai DIOS miño!! Qué trazas tras!!!.
Ese homiño non sería o que lle cheiraba o alento cando veu da jerra!!.

 
At 1:09 a. m., Blogger Jan said...

A web do Mighel si que mete medo, sobre todo esa viaxe ao Túnez Máxico en plena Semana Santa de 2005 e con carácter urxente...As viaxes no tempo tamén existen, p'a que luego digan!!!

 
At 9:08 p. m., Anonymous Anónimo said...

You have an outstanding good and well structured site. I enjoyed browsing through it Lasik+eye+surgeon+south+florida http://www.david-duval-pilates-photos.info/www_peugeot_com_tw_target.html Delete download spyware block pop up ads anisa pornstar search Looking for health insurance for students Drunk blowjobs party club international scholarships graduate study http://www.hornymilfs.info/olivia-del-rio-pornstar.html shemale pornstar directory

 
At 1:25 p. m., Anonymous Anónimo said...

Wonderful and informative web site. I used information from that site its great. 1992 infiniti g20 reviews County orange stationery maternity clothes outerwear Lumi pure air cleaner Free texas holdem poker game 20 Place to donate tires Whippet+dog+coats Bitware fax driver bryan dodge maternity clothes bontril order international The accounting song buy cod diet pill Boot mats Boating rules and regulations

 
At 1:37 a. m., Anonymous Anónimo said...

Keep up the good work »

 

Publicar un comentario

<< Home