Naraío Nazóm

O blog da xente de Naraío, estea onde estea...

16.12.05

DARLLE Á CACHA




No afoto superior mostramos a maneira de prejuntarlle en Naraio aos máis novos e, sen usar a fala, se xa iniciaron a práctica de “darlle á cacha”.

Eiquí comeza a andaina sexual do inocente pícaro. Se a resposta á prejunta ¿mollaches oh?, é negativa, a obriga é levar ao pequeno ao clube e deste xeito facelo un home. Perto de Naraio temos un que, tempo atrás se chamou Hong Kong - máis coñecido en Naraio por “Fincón”- e no que máis de un se iniciou niso de trasferir a sua herdanza xenética. Dende eiquí fajo unha chamada a expertos lingüistas para que lle dean un fundamento científico á declinación que sufriu en Naraio o nome deste establecemento de pracer e luxuria.

Penso que seria de bastante utilidade a incorporación desta imaxe ao diccionario de signos para xordos.

6 Comentarios:

At 1:18 a. m., Anonymous Anónimo said...

Non sei se está incorporada, pero compartín esa idade cun xordo... e, na práctica, úsase ;-)

 
At 1:27 p. m., Anonymous Anónimo said...

Cantas veces me dixeron....TI DALLE Á CACHA ATA QUE CHEIRE A JOMA QUEIMADA!....tomeino tan a peito que así foi, o cheiro é como cando pasa un velero pola taberna e a xente di: " ese baixou en 4ª por lourido abaixo...".

 
At 8:35 p. m., Blogger eue said...

O h- retorna ao seu estado latino f- e dáse unha disimilación de vogais cara á zona palatal -i-. Cae o -g por quedar, por fonética sintáctica, en posición interconsonántica.

HONG KONG > FINCÓN

Desde lo, botámoslle un papo...

 
At 8:36 p. m., Blogger eue said...

En inglés o cambio sófreo a segunda palabra:

FO KING

 
At 10:29 a. m., Anonymous Anónimo said...

Wonderful and informative web site. I used information from that site its great. » » »

 
At 12:18 p. m., Blogger sara mohamed said...

شركة تنظيف منازل في جازان

 

Publicar un comentario

<< Home